É 1984. despois de tanto tempo, a xornalista alexandra moure regresa dende a capital á súa vila natal para acudir ao enterro do seu avó. os días que pasa na casa familiar son unha continua revelación para ela, onde comeza a ser consciente dos feitos que a comunidade construíu durante anos, ocultos tras o silencio. historias de nazis, da guerra, da mitoloxía, da morte alexandra irá descubrindo os segredos da aldea de caim nunha viaxe interior onde meditará sobre o pasado, as relacións familiares e o vínculo emocional que sente con sylvia plath. e, todo isto, sen esquecer que, quizais, sexa ela a que arrastre o maior e terrible segredo.
