É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas? estas son algunhas das preguntas que asaltaron a thomas münch pouco tempo despois de coñecer a irene rosenthal na fábrica de munición dos campos de exterminio de auschwitz, a onde acudía regularmente a cortarlles o cabelo ás presas. o perruqueiro berlinés confiaba en que só ese sentimento podía levalo a esquecer a xenreira que sentía cara aos xudeus para implicarse nunha revolución que os afastase do inferno de birkenau. mais sempre pairaba sobre el a mesma dúbida: era realmente posible o amor en birkenau?
