E unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre galicia, arxentina e suiza. dous irmáns orfos, sheila e said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos rapaces do pasado para contarlles unha extraordinaria aventura. viven nun muiño da parroquia de loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal sc 1, obtido por manipulación xenética, vai se lo eixo de toda a trama. un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana. o redor desta noticia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posible ameaza.
