E esta a biografía dun polígrafo galego, do noso último polígrafo. versado en moitos saberes humanísticos, cómpre salientar, da rica e caudalosa bibliografía de xosé filgueira valverde, os seus estudos literarios, nomeadamente os centrados na lírica medieval galega. de 1935 data a súa tese de doutoramento sobre a cantiga ciii de afonso x, monografía exemplar no seu tempo dentro dos estudos de literatura comparada. fóra do ámbito galego, é autor dun gran libro sobre camoes e de estudos valiosos sobre cervantes, góngora, paul claudel... nesta biografía intelectual non se elude a actitude, nos anos da guerra civil e seguintes, de quen foi dirixente do partido galeguista de 1931 a 1933, e de quen, xa fóra do partido, vota si no plebiscito de autonomía do 28 de xuño de 1936. do que se trata é de «entender» o seu comportamento neses convulsos anos (e o doutros: vicente risco, alvaro cunqueiro...). desde 1942 ata a súa morte, filgueira valverde foi, ó seu xeito, «un obreiro da causa galega», como diagnosticara alexandre bóveda en 1935. a inxente, valiosísima e polifacética bibliografía de filgueira valverde é un dos grandes capítulos da cultura galega da galicia moderna e contemporánea.
